14

Xuñ

Inauguración da exposición “The Cows”, de Pep Paramos

19.30 h

The CowsO venres 14 de xuño, ás 19.30 h, inauguramos no noso local a exposición The Cows, de Pep Paramos.

Di o autor de onde naceu a inspiración para esta exposición que agora amosamos: Unha desas tardes que estaba co rabaño, a sacar fotos, unha bolboreta pasou perto, posou e fuxiu de súpeto diante dos meus ollos, facéndome revivir a impaciencia de perseguila e atrapala que sentira de pequeno o día que descubrín que o mono humano persigue as cousas máis fermosas ate atrapalas e fechar o seu puño sobre elas, esmagándoas e converténdoas nun amasillo agónico que xa no é nada cando cae da man, agás fragmentos insignificantes.

Pep Paramos (Guillarei, Tui 1967) establécese na Coruña en 2011 e dedícase profesionalmente á fotografía e en 2018 abre na cidade, xunto a Macarena Garay Salazar, o Atelier de Fotografía, o estudo fotográfico de ambos que, en 2019, abre como sala expositiva centrada na fotografía de autor, cunha actividade frenética desde ese ano até hoxe. É autor dos fotolibros Farcit d’Ombres, The Cows, e a vídeo-presentación work-in-progress permanente, Librarse de Dios. Do seu traballo con outros autores coma curador, cabe destacar a exposición de Cris Bamio, Fitogenia, en 2022, así como Ínsula, de Oriol Miñarro, en 2019, ou a posta de largo, despois da pandemia, da colectiva de Ollo Atlántico, On The Road.

Remataremos o acto compartindo un viño entre todas as persoas que asistidades.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies