04

Mai

Visita guiada á exposición “Xaquín Marín, Humor Líquido Galego”

12.00 h

Xaquín MarínO sábado 4 de maio, ás 12 h, realizaremos unha visita guiada á exposición Xaquín Marín, Humor Líquido Galego na Fundación Luís Seoane con Alexandre Marín Oliva, fillo de Xaquín Marín.

Esta exposición organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura  é unha oportunidade única para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.

A exposición consta de máis de 130 obras nas que poderemos (re)descubrir os inicios de Xaquín Marín como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega, quizais a parte máis descoñecida polo público de toda a súa carreira. Asemade, esta selección dá a posibilidade de repasar o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, pois a mostra tenta seguir os pasos do seu inabarcable labor, tamén, como ilustrador, cartelista, portadista, muralista, conferenciante, escritor ou divulgador.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies