08

Xan

Visita guiada á exposición fotográfica de Xoán Piñón

19.30 h

Exposición Xoán PiñónXoán Piñón presenta no Kiosko Alfonso, ata mediados de xaneiro, unha exposición fotográfica resultado do seu traballo desde 1977 ata 2012. Alterados, A horta de Carnati, O Courel, Iluminados, Inmateriais, Espirais (dedicada ao mundo feminino), Cámara Barroca, Diversas, e Galicia terra nai son as nove series en que se organiza esta exposición, que reúne 137 imaxes.

Xoán Piñón (A Coruña, 1951) é médico de profesión (exerceu ata 1980) pero é coñecido por su faceta de fotógrafo. Recibiu o premio Lux Moda en 1995, realizou campañas de publicidade para Warner, Inditex, Vogue España, Elle, Microsoft ou Martín Códax. Segundo el, a espontaneidade debe primar sobre a técnica que está, en realidade, para ser esquecida. Nos seus traballos actuais segue no camiño que nunca abandonou da experimentación e no que ensaia particularmente coa fotografía abstracta e nocturna.

O mércores 8 de xaneiro, ás 19.30 horas, organizamos unha visita guiada polo propio autor. Se queres participar, só tes que enviarnos os teus datos a través deste formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies