O venres 27, ás 19 horas Carmen Galdón ofrecenos unha palestra co título Facer visibles ás mulleres individual e colectivamente.
Carmen Galdón Corbella é fundadora e coordinadora do colectivo Cuarto Propio na Wikipedia e autora do libro Un feminismo de código aberto. Do movemento 15M ás folgas feministas do 8M. Nesta palestra falaranos destas dúas experiencias ben diferentes, aínda que ambas dirixidas a dar visibilidade e recoñecemento ás mulleres desde unha perspectiva que conxuga o individual co colectivo.
Esta palestra forma parte do ciclo Mulleres e Realidades Comúns, que coordina Cristina Bajo e no que colabora a Marcha Mundial das Mulleres.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: