29

Abr

O factor de xénero nas políticas de vivenda e urbanismo

19.30 h

Factores de xénero nas políticas de vivenda e urbanismoO luns 29 de abril dámos comezo a unha nova edición do ciclo Pensando o Futuro. Farémolo ás 19.30 h, con Cristina Botana, que nos falará do factor de xénero nas políticas de vivenda e urbanismo.

Cristina Botana é arquitecta e doutora en Urbanismo pola Universidade da Coruña, cun máster en Cidade e Urbanismo coa especialidade de políticas públicas e dereito á  cidade. Activista e colaboradora en medios de comunicación alternativos e colectivos sociais en materias vinculadas ao xénero, a ordenación dos espazos humanos e ao dereito á vivenda.

No encontro deste luns, a súa intervención xirará arredor do factor de xénero nas políticas urbanas e de vivenda.

Neste ciclo escoitaremos, en maio e xuño, outras voces nun xeito moi diferente de contar o mundo: a eurodeputada Ana Miranda, o politólogo Antón Losada, o xornalista David Fernández e o xenetista Ángel Carracedo.

Se queres asistir a esta palestra de Cristina Botana, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies