10

Nov

Falan as prostitutas

19.00 h

Falan as prostitutasO venres 10 de novembro, ás 19 h, e dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres, teremos un faladoiro-debate, Falan as prostitutas, con Anabel (España), Sharon (Arxentina), Ninfa (Ecuador) e Linda (México).

CATS (Comité de Apoio ás traballadoras do sexo) organiza unha serie de charlas-debates en diversas cidades españolas, nas que participan prostitutas que traballan en distintos ámbitos: discotecas, pisos, rúas, etc. Neles compartirán as súas experiencias, cales son as violencias, abusos e violacións de dereitos que sofren no seu día a día. Ademais, expresarán as súas demandas e propostas para mellorar a súa situación. Posteriormente pódense facer preguntas e debater, podendo coñecer en primeira persoa a realidade destas mulleres.

Se tes interese en asistir a este faladoiro, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies