O mércores, 29 de xuño, ás 19 horas, teremos no noso local unha palestra baixo o título Falemos da B, da bisexualidade, con Patricia Freire, educadora social, experta en políticas de igualdade e activista bisexual e Sara Romero, activista Marcha Mundial das Mulleres.
Achegarémonos ao coñecemento da bisexualidade, grande olvidada no activismo LGTB e na sociedade xeral. Analizaremos as achegas da bisexualidade do feminismo e o caso das mulleres bisexuais.
O acto encádrase dentro do III ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.