21

Dec

Presentación de “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”

19.30 h

Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisiónPresentación de Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión, de Carme Adán, publicado por Editorial Galaxia.

O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos.

Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo.

Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combater.

Acompaña na presentación á autora do libro Carme Adán, filósofa e feminista, Goretti Sanmartín Rei Vicepresidenta da Deputación da Coruña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies