O mércores 22 de marzo, ás 19.30 h, presentamos unha palestra baixo o título de Feminismo e 8M, unha ollada xeracional.
Nesta mesa reflexionaremos sobre a perspectiva que diferentes xeracións teñen sobre o feminismo e o 8M na actualidade. Veremos que aspectos se comparten da analise e que propostas e obxectivos consideramos que son fundamentais cara o futuro.
O acto encádrase dentro do IV ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.
Na palestra intervirán Nicolasa Castro Monteiro, responsábel da Secretaría das mulleres da CIG e activista na Marcha Mundial das Mulleres, e Rocío Saavedra, politóloga e activista feminista.
Se queres asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: