10

Mar

Feminismos, traballo e vida. Voces para un futuro, con dignidade e dereitos

16.00 h

Feminismos, traballo e vidaO venres, día 10 de marzo acollemos no noso local da rúa Santo André, 36, 1º,  a actividade organizada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña, Feminismos, traballo e vida. Voces para un futuro, con dignidade e dereitos.

O evento vai desenvolverse segundo este programa:

16.00 h: Benvida institucional.

16.30 h: Voces sobre o marco estrutural do mundo do traballo desde unha perspectiva feminista. Modera: Ana Lorenzo. Conversan: Laura Bugalho, especialista en intervención socioeducativa, sindicalista e activista trans feminista, e Antía Pérez Caramés, profesora doutora en socioloxía na UDC.

17.30 h: Conversa para dar voz á situación dos dereitos laborais en sectores feminizados. Modera: Mariola Mourelo. Conversan: María Ferreiro, responsábel, xunto con outras compañeiras, da Secretaría das Mulleres do SLG, Marisol Gómez do SAF de Vilagarcía e  Ángeles Mille, secretaria da Asociación de Redeiras Profesionais O Fieital de Malpica representando a ANMUPESCA.

18.30 h: Café diálogo de recollida de demandas.

19.30 h: Aldaolado “O benquererse” con Lucía Aldao e María Lado.

Se queres asistir envianos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies