29

Feb

Feministas palestinas contra a violencia colonial e patriarcal. Unha introdución ao movemento Tal’3at

19.30 h

Feministas palestinasO xoves 29 de febreiro, ás 19.30 h, María González Flores ofrece unha palestra baixo o título Feministas palestinas contra a violencia colonial e patriarcal. Unha introdución ao movemento Tal’3at.

Nesta palestra falaremos sobre o movemento feminista palestino Tal’3at, que xurdiu no 2019 en resposta a un episodio de violencia de xénero e converteuse no primeiro movemento en mobilizar baixo un slogan abertamente feminista e anticolonial a persoas en toda a Palestina histórica, e máis alá. Baixo a premisa “Non hai terra libre sen mulleres libres” as feministas palestinas mobilizáronse contra as violencias coloniais e patriarcais reclamando unha Palestina libre de ocupación e de violencias machista.

María González Flores é investigadora predoutoral (UDC) especializada en impactos coloniais da industria das ONGs na zona SWANA. Graduada en estudos árabes e islámicos e activista feminista anticolonial.

Esta actividade realízase en colaboración con SUGxPalestina, BDS e Grupo de Igualdade da facultade de Ciencias da Educación da UDC. Forma parte do ciclo Mulleres e realidades comúns que coordina Cristina Bajo.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies