26

Abr

Festa aniversario da Revolución Portuguesa

19.30 h

Revolución dos cravosO venres 26 de abril, ás 19.30 h, no noso local, teremos unha festa aniversario da Revolución Portuguesa.

A música vainos acompañar para festexar estos 50 anos da Revolución dos cravos que tombou en Portugal a ditadura máis lonxeva de Europa cun levantamento militar e popular. Para isto, contaremos con Bea a de Estrella, Paco Campos, Xosé Luís Rivas –Mini– e Navia Rivas.

Naquela mañá do 25 de abril, unha moza costureira e camareira, Celeste Caeiro, cunha cesta chea de caraveis (flor da tempada) do restaurante onde traballaba, achegouse á céntrica praza de Rossio. Un soldado pediulle un cigarro e ela ofreceulle un caravel vermello, que o mozo puxo na boca do seu fusil. Os demais soldados imitaron o acto e colocaron as flores nas bocas dos fusís, sinalando que o seu movemento era pacifico. Conforme avanzaba o día e a xente seguía chegando, as  rúas enchéronse de caraveis, que deron nome ao movemento popular.

Non é necesario inscribirse.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies