31

Mai

Festa de reapertura

20.00 h

ACABEste venres 31, ás 20 h, abrimos de novo o noso local tras un peche temporal por reformas. E esta reapertura ben merece unha celebración, á que estades convidad@s.

Falaremos dalgúns dos novos proxectos que estamos comezando, como o da Memoria das Mulleres, doutros de longa traxectoria, como o do noso colectivo fotográfico Ollo de Vidro, pero tamén temos moitas máis cousas para esta ocasión:

  • Inauguración dunha exposición, da serie Paraísos artificiais, de Xurxo Gómez Chao.
  • Pase da peza audiovisual Mulleres Muro de Pepe Galán. Esta obra, baseada na testemuña oral recollida por Luís Seoane no libro “La Galice sous la botte de Franco. Episodes de la terreur blanche dans les provinces de rapportés par ceux qui les ont vécus” Jean Flory, 1938, París (traducido ao galego “O QUE FIXERON EN GALICIA, 1936”. Fardel da Memoria, A Nosa Terra, 1998) conta a historia das mulleres que en agosto de 1936 fan do seu corpo un valo, un parapeto, poñéndose diante do cárcere cada día e cada noite para impedir que se saian presos da cadea para ser fusilados.
  • Actuación de Brais Morán.

E para rematar, teremos a ocasión de tomar un viño xunt@s. Anotade nas vosas axendas! Esperámosvos!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies