Este sábado, 28 de xaneiro, desde as 16.30 h ata as 18 h, festexamos a apertura do noso novo local con estas actividades na rúa de Santo André 36.
Coa Agrupación Astronómica Ío: Aprende a recoñecer o ceo. Saímos á rúa para que calquera persoa interesada coñeza mellor o ceo que podemos ver no noso país calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días, a través do material divulgativo achegado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
A música de Icia, Manuela, as dúas Mariñas, Navia, Olaia, Aloia… son as meniñas pandeireteiras e bailadoras. Nenas da Coruña que creceron xuntas no medio da música tradicional. Unhas expertas das festas bonitas.
Esperámosvos!!!