25

Xuñ

Ven festexar con nós a proclamación da República Galega

20.00 h.

Convite República GalegaA proclamación da República Galega en 1931 é un feito moi descoñecido mais non menor da nosa historia. O detonante foi a paralización da construción dos camiños de ferro que debía unir Zamora coa Coruña. Por iso quen se coloca á cabeza da revolta será o movemento obreiro, apoiado polo galeguismo, mais tamén por figuras do independentismo chegadas da emigración.

Logo de saber da intencións do goberno español de paralizar esa obra e o despedimento de 12 mil traballadores, comeza unha folga histórica e na madrugada do 25 de xuño de 1931, ao remate dunha manifestación, unha multitude ocupa a Casa do Concello de Ourense e alí mesmo erguen unha bandeira de Galiza e proclámase publicamente a República Galega.

Para FESTEXAR esa proclamación de hai 87 anos e para poñer en común este feito e (re)coñecer a nosa historia imos facer un encontro festivo: presentaremos material audiovisual, prensa do momento, follas voandairas… e logo remataremos este encontro cun viño.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies