20

Abr

Florencio Delgado: a vida no exilio e o regreso efémero da Galicia infinda

19.30 h

Ricardo GurriaranTras unha primeira palestra –que tivo lugar o 12 de xaneiro– na que Ricardo Gurriarán nos falou sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán (autor homenaxeando nas Letras Galegas de 2022) ata a súa chegada a México, nunha segunda palestra que terá lugar o mércores 20 de abril, ás 19.30 h, Ricardo Gurriarán completará o percorrido vital –salientando o seu labor no exilio mexicano– do escritor valdeorrés, unha das figuras máis destacadas das letras galegas da diáspora. Teremos así unha visión completa de Florencio Delgado Gurriarán: a vida no exilio e o regreso efémero da Galicia infinda.

Ricardo Gurriarán é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid . Exerceu a docencia nun instituto de Santiago de Compostela. É tamén doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de numerosos –e premiados– estudos de investigación, Ricardo é un dos máximos especialistas na figura de Florencio Delgado Gurriarán. En 1999, publicaba en Ediciós do Castro, Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, libro que acaba de reeditar en 2022 na Editorial Galaxia.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies