18

Abr

Presentación de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos

19.30 h

Follas Novas 6O luns 18 de abril, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o número 6 de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos.

Editada pola Fundación Rosalía de Castro Follas Novas nace con vocación de converterse nun referente dos estudos sobre a autora no ámbito internacional. Para cumprir este obxectivo a revista  preséntase dividida en seis seccións  –Artigos, Textos e documentos, Recensións, Bibliografía, Varia e Casa de Rosalía– que de algunha maneira debuxan o perfil dunha publicación cultural que aínda tendo o tema literario como fundamento, non renuncia a outras preocupacións propias da cultura e da socioloxía literarias: lectores, recepción, historiografía, sistema educativo etc.

Director da revista é Xosé Luís Axeitos, e o consello de Redacción está formada por: Anxo Angueira, Xosé Carlos Beiró, Lydia Fontoira e María Pilar García Negro.

Neste número trátanse os seguintes temas:

I. ARTIGOS
– Unhas liñas para Alejandra Murguía. Algúns aspectos sobre o seu papel de compiladora de literatura de tradición oral e artista.(Patricia Carballal Miñán).
– O epistolario do enxeñeiro de minas Ramón Rúa-Figueroa a Manuel Murguía (1866-1873). (Xosé A. Fraga Vázquez).
– Notas sobre o desempeño como xuíz en Cambados do poeta precursor Xoán Manuel Pintos. (Emilio Xosé Ínsua).
– Reivindicación de dona Teresa de Castro, nai moi querida por Rosalía. (Aurora López | Andrés Pociña).
– As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía á luz do conservado no fondo Said Armesto. (Diego Rodríguez González).
II. TEXTOS E DOCUMENTOS
– O derradeiro artigo de Curros Enríquez. (Xosé Luís Axeitos).
– Un novo documento para a historia da Casa da Matanza. (Ana Acuña).
– Recuperación da pía bautismal de Santa María de Dodro onde foran bautizados Gala e Ovidio. (Anxo Angueira Viturro).
III. RECENSIÓNS
– Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro. (Lydia Fontoira Suris).
V. VARIA
– Follas novas e a data do nacemento de Rosalía de Castro. (Lydia Fontoira Suris).
– Ou ti!, roxa estrela: interpretación astronómica dun verso de Rosalía. (Martin Pawley | Xabier Pérez Couto).
– “Rosalía abríu a fiestra”. (Margarita Viso Soto).
VI. CASA DE ROSALÍA
– Xardíns, plantas e monumentos onomásticos rosalianos en Galicia e alén das fronteiras. (Carlos Rodríguez Dacal).
– Un ano moi especial. (Fundación Rosalía de Castro).

Ademais do director, Xosé Luís Axeitos, estarán na presentación Pilar García Negro, Patricia Carballal, Xosé A. Fraga Vázquez e Martín Pawley.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies