06

Feb

Presentación de “Fonmiñá (1985-2021)”

19.30 h

FonmiñáO luns, 6 de febreiro, ás 19.30 horas, Eduardo Ochoa, estudoso e experto en fotografía, vén presentarnos o seu último libro Fonmiñá (1985-2021).

Trátase dun libro de fotografías que é unha homenaxe a aqueles que impulsaron a memoria colectiva nas terras de Lugo. É un traballo que recolle a actividade fotográfica desenvolvida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá nas últimas catro décadas. Ao longo das súas 255 páxinas poderemos gozar con fotografías do século XIX, XX e XXI.

Eduardo Ochoa é autor das fotografías que integran os libros Lugo Blues, Meta-relatos, Catro por Vinte, Vilalba, O Ouro Prerromano na Provincia de Lugo, Descubrir Lugo e Hebdomada Santa. Igualmente foi o director das cinco Mostras Fotográficas organizadas en Lugo e dedicadas sucesivamente á temática libre, a paisaxe, o retrato, o nu e a arquitectura. Dende o ano 1998 imparte cursos de fotografía no Campus Universitario de Lugo.

Entre as súas principais exposicións individuais están: Ecuacións, (A Coruña, 1988), Deriva, (A Coruña, 2013), Miradas, (Lugo 2002), Arborescencias, (Lugo,2005), Inminencias, (Ferrol, 2007), Diáspora, (Lugo, 2007), Hebdomada Sancta, (Lugo, 2009) e Integrales, (León, 2013). Tamén é o autor dos libros A fotografía lucense. Da Agrupación a Fonmiñá (2019) e Orixes e consolidación da Fotografía en Lugo (2020) e este que presentamos, Fonmiñá 1985-2021.

Eduardo Ochoa estará acompañado nesta presentación polo fotógrafo Xurxo Lobato.

As persoas que asistan levarán de agasallo un exemplar do libro.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies