18

Xuñ

Fragmentos teatrais de Luísa Villalta

19.30 h

Retazos teatrais de Luísa Villalta

Debuxo de Lino Braxe

O martes 18 de xuño, ás 19,30 h, o grupo de teatro Alexandre Bóveda presentará Fragmentos teatrais de Luísa Villalta.

Súmase así o noso grupo teatral á ben merecida homenaxe a Luísa Villalta, á que consideramos unha excelente dramaturga. Partindo da Obra dramática completa editada no 2018 pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, escollemos escenas de catro das súas obras: O representante, O paseo das esfinxes, Os doces anos da guerra e As certezas de Ofelia, para facer unha lectura dramatizada onde intérpretes actúan co texto na man seguindo a posta en escena dirixida pola directora do grupo, Manuela Varela.

Se queres asistir a esta lectura, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies