18

Dec

Francisco Fdez. Del Riego, F. Delgado Gurriarán e Valdeorras

19.30 h

Francisco Fdez. del Riego e Florencio Delgado GurriaránO luns 18 de decembro, ás 19.30 h, Ricardo Gurriarán falaranos de Francisco Fernández Del Riego, Florencio Delgado Gurriarán e Valdeorras, dentro das actividades organizadas co colectivo Valdeorras Infinda.

A relación entre Francisco Fernández del Riego (Letras Galegas 2023) e Florencio Delgado Gurriarán (Letras Galegas 2022) foi moi intensa, máis aló dun simple recoñecemento mutuo e unha profunda amizade persoal. Os dous, irmáns no devir político do Partido Galeguista e a súa historia, son homes relacionados diretamente coa comarca valdeorresa, un por nacemento o outro por casamento. Como militantes do Partido Galeguista dende os seus inicios, como escritores compartindo libros e proxectos literarios ou políticos, reflicten nas súas vivencias un profundo amor pola lingua e a Patria galega, por Galiza como unha nación de seu, con deritos de goberno propio.

Ricardo Gurriarán Rodríguez (O Barco de Valdeorras, 1953) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2004), coa tese A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil, dirixida polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.

Entre as súas obras destacan: (2009): Obella Vidal: investigador, empresario e galeguista, Vigo, Foro Peinador; (2010): Inmunda escoria, Vigo, Xerais de Galicia, Fundación 10 de marzo; Florencio Delgado Gurriaran, vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista, Ediciós do Castro (1999).

Se queres asisitir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies