«Sabía o seu sino por experiencia» (Álvaro Cunqueiro)
O mércores 12 de abril, ás 19.30 h, preséntase no noso local Fuxidío mañá, de Rodrigo Osorio Guerrero.
Fuxidío mañá é un proxecto artístico que bebe das fontes do «conservadorismo revolucionario» e que, no medio e medio das crises da nosa civilización (climática, enerxética, alimentar), quere pór en evidencia a necesidade de «colapsar mellor».
Os seus poemas procuran nas raíces de todos eses problemas para imaxinar os escenarios do futuro, porque a quebra da nosa civilización xa é imparábel: comezou antonte e pasadomañá amosará mil faces distintas.
No acto intervirán, ademais do autor, Laura Sánchez e Tono Galán de Manchea, responsabeis do deseño, a maquetaxe e a impresión do poemario que falaran do seu obradoiro e da elaboración deste libro.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: