O mércores 22 de novembro, ás 19.30 h, visitaranos Ramón Mariño Paz para falarnos do galego oral e o galego escrito na Galiza do Barroco.
A conferencia versará sobre as dinámicas políticas e sociais que determinaron que no tempo do Barroco, e en xeral entre os séculos XVI e XIX, o cultivo escrito do galego fose raro mentres que o seu uso oral estaba xeneralizado. Presentaranse catro textos descubertos ou redescubertos nos últimos anos.
Ramón Mariño Paz é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago e autor de obras sobre historia social e gramática histórica da lingua galega, entre outras Historia da lingua galega (1998) e Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega (2017).
Esta palestra forma parte do ciclo As artes no Barroco que se completará con outras dúas palestras: Claroscuros do barroco musical en Galiza, o luns 11 de decembro ás 19.30 h, con Andrés Díaz Pazos, e Grandes obras do Barroco galego en Compostela, o mércores 13 de decembro ás 19.30 h, con Ramón Yzquierdo Perrín, e finalizando cun roteiro pola Coruña Barroca o sábado 16 de decembro ás 12 h, guiados por Patricia Angulo e Carmela Galego.
Se queres asistir a esta palestra de Ramón Mariño, envíanos os teus datos a través deste formulario: