09

Xuñ

Inauguración da exposición “Galicia artística e monumental”

19.30 h

Pintor José RamónO mércores 9 de xuño, ás 19.30 h, inauguramos a exposición Galicia Artística e Monumental do pintor José Ramón.

José Ramón foi cualificado como «un dos mellores artistas plásticos de Galicia». O seu estilo pictórico defíneo como «un pintor figurativo con estilo propio, que ten nas súas obras moitos elementos abstractos con numerosas referencias a Galicia».

A súa carreira pictórica está marcada polos lugares onde viviu e traballou.

Primeira etapa: Figuración: 1950- 1980. Máis de 30 anos de debuxo forxaron oficio, traballo e profunda honradez profesional para dar paso nos últimos anos da súa vida ás cores da súa paleta, elegantes, intensos e alegres.

A continuación, anos 70, entrou á acuarela porque é o mellor modo de ser un gran colorista, e chegou a dominala ata a perfección: época dos retratos.

Na súa última etapa, ano 2000, a súa obra alcanzou a “abstracción” e é aí cando o artista decide «non continuar nese camiño absoluto» e quedar «cunha fusión entre a figuración xeométrica e a abstracción» até chegar ao protagonismo do volume e a xeometría, xunto co cubismo, que vemos nas súas últimas obras.

Queda patente a evolución progresiva nas súas composicións, comeza a romper coa visión clásica, utilizando cada vez máis formas xeométricas e dar paso á luz e a cor.

A súa obra está rigorosamente concibida e executada, de composición organizada e precisa, de formas pechadas e finos planos de cor viva, estimulante e alegre. Os seus trazos son enérxicos, cheos de calidade artística de aí o nome da colección das súas últimas obras “A Alegría da Cor”.

A súa obra figura en diversos museos e institucións de Galiza, Real Academia Galega, Deputación da Coruña, Paradores, ademais de coleccións privadas nacionais e internacionais.

TRABALLOS DESTACADOS

2015- Debuxa o Pergamiño conmemorativo para Isaac Díaz Pardo.

2013- Realiza o orixinal para a Autoridade Portuaria con motivo da Inauguración do Porto Exterior da Coruña.

1995- Decora o Balneario de Arnoia.

1991-Decora a Sede da Delegación da ONCE de Coruña, Lugo e Pontevedra.

1976-1980- Deseña o Libro de Ouro e os Debuxos da “ Historia da Coruña” nas Tallas do Salón de Sesións do Concello.

1977-Deseña a Medalla Conmemorativa do I Centenario do Porto da Coruña.

1970- Presenta a Obra gráfica “ Galicia Artística e Monumental” nos Centros de Galicia de Buenos Aires, Montevideo, Xenebra, Zaragoza, Barcelona.

RETRATOS

1976-1980- Galería de Alcaldes do Excmo Concello da Coruña: Evaristo Babé e Gely, José Crespo López-Moura, Hernán Martín de Barbadillo e José Fuciños Gayoso.

1980- Presidentes da Cámara de Comercio da Coruña.

1975- Galería de Presidentes da Mutua Galega de Accidentes do Traballo.

Retrato de D. Manuel Iglesias Corral, da Galería de Decanos do Colexio de Avogados da Coruña.

Retratos de personalidades da vida coruñesa, entre eles os fillos de Amancio Ortega.

EXPOSICIÓNS DESTACADAS

2019- Club Financeiro da Coruña.

2019- Afundación, sede de Vigo.

2016- Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.

2015- Capela de Santa María de Lugo.

2014- Sede do Correo Galego en Santiago de Compostela.

2014- Palacete da Casa de Galicia de Madrid.

2012 e 2001- Concello da Coruña.

A maior parte da obra de José Ramón continúa expoñéndose e divulgándose a través de exposicións e a súa web.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies