16

Nov

Presentación de “Galiza 1968. A consciencia avivada”

20.00 h

Galiza 1968. A consciencia avivadaGaliza 1968. A consciencia avivada é unha publicación promovida por Sermos Galiza que propón unha viaxe de man dos seus protagonistas polos grandes fitos sociais e políticos que marcaron Galiza na década dos sesenta.

A reorganización na clandestinidade das correntes políticas antifranquistas, a posta en marcha dun vizoso movemento cultural dedicado á defensa e divulgación da cultura galega, a revolta dos labregos do Val de Castrelo contra a política hidroeléctrica de Fenosa, a aparición das primeiras iniciativas sindicais no mundo operario, as protestas dos universitarios composteláns ou a aparición de Voces Ceibes son algúns dos temas dos que se ocupa o volume.

O venres 16 de novembro ás 20:00 no local da Alexandre Bóveda, nun acto organizado pola agrupación cultural O Facho e a asociación Alexandre Bóveda, presentamos a publicación n´A Coruña con presenza de Henrique Harguindey, Manolo Romero Labarta, Pilar Allegue e María Xosé Bravo. Henrique Harguindey e Manolo Romero Labarta, socios fundadores da agrupación cultural O Facho repasan no seu traballos as orixes do movemento cultural na cidade nos primeiros sesenta así como a posta en marcha das organizacións nacionalistas clandestinas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies