12

Xuñ

Galiza contra a peste

19.30 h

Galiza contra a pesteO mércores 12 de xuño, ás 19.30 h, teremos unha conversa sobre as resistencias galegas á industria depredadora: Galiza contra a peste.

Faremos unha reflexión sobre a capacidade (histórica) do país de rebelarse ante os proxectos depredadores do territorio. Intervirán: Mónica Cea, voceira de Ulloa viva, o movemento que aglutina a loita contra Altri; Lois Diéguez, un histórico das loitas contra a instalación de celulosas e o xornalista de Luzes, Juan Oliver pola importante o rol dos medios nestas mobilizacións.

Con esta actividade damos comezo a un ciclo de colaboración coa Fundación Luzes que traerá cada mes unha palestra sobre o tema central da revista. A Fundación Luzes foi promovida pola contorna cultural da Revista Luzes en maio de 2019 co obxecto de fomentar e difundir a cultura galega, o estudo e investigación sobre a sociedade galega, a promoción do debate público e de elaboración de propostas para os problemas e retos de Galiza.

Vide acompañarnos e teremos ocasión de tomar un viño xuntas.

Pero non esquezades enviarnos a vosa solicitude a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies