18

Ago

Día da Galiza Mártir

19.30 h

Monumento a Alexandre BóvedaA Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, no día 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, o Día da Galiza Mártir.

Nesta data, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima da barbarie fascista vilmente asasinado na Caeira (Poio, Pontevedra), rendemos homenaxe a todas as persoas represaliadas e lembramos, igualmente, todas as vítimas da represión franquista.

No propio día 17 de agosto teñen lugar os actos organizados polo Concello de Poio e a Fundación Alexandre Bóveda. No día seguinte, xoves 18 de agosto ás 19.30 h, realizaremos na Coruña o acto de homenaxe diante do monumento a Bóveda na rúa que leva o seu nome (na zona de Catro Camiños).

Contaremos coa presenza de Carlos Babío, coautor do ensaio Meirás. Un pazo para el caudillo.

Acompañaranos a música do dúo BellónMaceiras, integrado por Daniel Bellón e Diego Maceiras, nun pequeno concerto.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies