26

Nov

Galiza nación. Un pobo con dereitos

19.30 h

PRAZAS ESGOTADAS!

Vía Galega

Na quinta feira (xoves), día 26 de novembro, ás 19,30 h,  na A. C. Alexandre Bóveda teremos un coloquio organizado por Vía Galega, Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza.

O territorio e o medio natural e a estrutura económica e social son algúns dos alicerces desta nación que é Galiza. Estes, e outros, están sendo sometidos, polas distintas políticas de dependencia e subordinación, a continuas agresións e destrución (desmantelamento industrial e dos sectores primarios, altas taxas de desemprego e precariedade laboral, emigración, desequilibrio territorial e perda de peso demográfico, desprotección da riqueza paisaxística e ecolóxica do territorio, espolio dos recursos naturais, custos sociais ambientais de actividades de transformación enerxética, monocultivo de eucalipto e doutras especies de crecemento rápido, perda de biodiversidade…). A populación galega necesita acreditar e tomar conciencia de que a nación galega existe e ten futuro. Galiza necesita escoller o seu propio destino, exercer os seus dereitos como nación que é, tamén no ámbito da economía e do medio ambiente, para se dotar de todos os mecanismos que permitan ao pobo galego decidir aquilo que máis conviñer ao desenvolvemento da nación e para seguir existindo dentro da humanidade.

Intervirán:

Presenta: Isabel Risco.

No inicio proxectarase un vídeo da campaña de Via Galega Galiza nación. Un pobo con dereitos.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies