30

Set

Concentración “Galiza non ten rei. Avante a República Galega”

11.00 h

Galiza non ten reiA plataforma Vía Galega, da que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda fai parte, convoca unha concentración o día 30 de setembro de 2019, ás 11 h diante da reitoría da Universidade da Coruña, con motivo da apertura polo Rei do curso escolar nesa universidade.

O obxecto é amosar a nosa total desconformidade  coa  presenza  dunha institución non só anacrónica e antidemocrática, senón, tamén, antigalega, que ten a súa razón de ser na negación  dos dereitos nacionais  e que destaca pola súa actuación centralista e represora ante a reivindicación do dereito a decidir das nacións do Estado.

Como galegas e galegas,  temos que  deixar constancia do noso  rexeitamento á inauguración do curso escolar universitario en Galiza  pola Coroa Española  A súa  presenza tamén procura darlle carta de normalidade á  españolización  galopante  da Universidade Galega  e  a  marxinación do noso idioma como lingua vehicular do ensino. Por iso, facemos un chamamento  a  que participedes  o día 30  na concentración  para deixar constancia que: Galiza non ten rei, avante a República Galega.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies