29

Out

Gaza cara unha nova Nakba

12.00 h

Gaza cara unha nova nakbaO domingo 29 de outubro, ás 12 horas, acolleremos un acto convocado pola Fundación Galiza Sempre xunto con BDS Galiza, Galiza por Palestina, a Asociación Galaico-Árabe Jenin, Erguer e Mar de Lumes, baixo o nome Gaza cara unha nova Nakba. O convidado neste encontro será o activista palestino Fayez Badawi.

Este acto forma parte dos sete que se organizan por distintos puntos da xeografía galega.

Fayez Badawi é unha das voces máis autorizadas en Europa para abordar esta cuestión. Naceu no campo de refuxiados palestino de Tal Az-Zatar, no Líbano, o cal en 1976 foi completamente destruído. Fayez é tamén un dos superviventes da coñecida como matanza do campo de refuxiados de Shatila, dirixida polo ex-primeiro ministro israelí Ariel Sharon.

Os actos enmárcanse dentro do consolidado ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia, que a FGS puxo en marcha en 2020.

O obxectivo das entidades organizadoras é achegar a Galiza a realidade do xenocidio do pobo palestino perpetrado desde 1948 por parte do Estado de Israel da man dunha persoa que coñece en primeira persoa o conflito. Con Fayez Badawi abordaránse as orixes e chaves para entender o conflito, a cobertura mediática que se está facendo desde Occidente, o papel que está a xogar a comunidade internacional ou as verdadeiras motivacións de Israel ante a inminente invasión de Gaza, entre outros temas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies