05

Mar

Presentación de “O governo neoliberal da vida”

19.30 h

Borxa ColmeneroO martes 5 de marzo, ás 19.30 h, Borxa Colmeneiro presentará o seu libro O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana, publicado por Axóuxere Editora.

Nesta obra, o xurista e membro do comité de redacción da revista galega de pensamento crítico Clara Corbelle, Borxa Colmenero, debulla as liñas mestras do proxecto politico do neoliberalismo.

Nesta excelente ensaio crítico, Borxa Colmenero (filósofo político, xurista e activista) introdúcese no pensamento de Foucault e en toda a crítica posfoucaultiana (desde Nikolas Rose ou Giovanna Procacci até Toni Negri, Giorgio Agamben ou Pierre Dardot) para observar a hipótese do desenvolvemento dunha teoría política do neoliberalismo como unha específica «arte de goberno». Unha razón de goberno que vai máis alá do feito espontáneo e natural para constituírse como unha política gobernamental que determina un cadro de xestión social dos individuos. Nesa hipótese os individuos (en contra da pasividade do suxeito da estatalidade da sociedade fabril) convértense en xestores activos e responsables de si mesmos. Administradores de si, empresarios de si, na xestión das súas capacidades, recursos, saberes, desexos e perspectivas.

O autor reflectirá sobre as influencias do neoliberalismo en aspectos relevantes para a vida máis alá da economía, como as formas que adoptan os gobernos, as relacións humanas e tamén os límites ás liberdades civís.

A presentación, que contará coa presencia do autor, será guiada polo docente universitario David Soto Díaz.

Se tes interese en asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies