25

Xuñ

Grandes ideas da astronomía

20.00 h

Grandes Ideas da AstronomíaMartin Pawley vén falarnos sobre as grandes ideas da astronomía, o xoves 25 de xuño, ás 20 horas.

Que debería saber todo o mundo sobre astronomía? Un equipo formado por membros da Unión Astronómica Internacional traballou durante uns anos para redactar un conxunto amplo de ideas básicas que pretende ser unha ferramenta de alfabetización científica. O documento final, “Big Ideas in Astronomy”, foi presentado en maio de 2019 e a primeira tradución que se fixo no mundo foi ao galego, da man da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Na charla o tradutor da versión galega, Martin Pawley, comentará os comos e os porqués dun documento de enorme valor educativo.

E se queres podes asistir a este evento en streaming mediante Google Meet, a través deste enlace:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies