13

Dec

Grandes obras do Barroco galego en Compostela

19.30 h

Barroco galego en CompostelaO mércores 13 de decembro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo As Artes no Barroco, Ramón Yzquierdo Perrín falaranos das Grandes obras do Barroco galego en Compostela.

O profesor Yzquierdo Perrín explicará a través de tres monumentos singulares o barroco da segunda metade do século XVII e primeira metade do século XVIII.

Ramón José Yzquierdo Perrín é historiador da arte galego. Catedrático na Universidade da Coruña, forma parte do Consello de Fábrica da catedral de Santiago de Compostela e é académico da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, á que representa no Consello da Cultura Galega. En 1985 e 1995 participou, co profesor Ramón Otero Túñez, na reconstrución do coro pétreo do mestre Mateu. Forma parte do consello asesor de Cuadernos de Estudios Gallegos, publicación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies