25

Abr

Convocatoria para cantar “Grândola, Vila Morena”

19.00 h

Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena

Grándola Vila MorenaO xoves 25 de abril, ás 19 horas, xuntarémonos no Obelisco para cantar xuntas Grândola, Vila Morena, no día do 50 aniversario da Revolución portuguesa.

Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e foi censurada polo réxime Salazarista. Ás 00:20 do día 25 de abril de 1974 a canción foi transmitida na Rádio Renascença como sinal para confirmar as operacións da Revolución dos Cravos. Por ese motivo quedou sempre asociada a ela, así como ao comezo da democracia en Portugal que padecía a ditadura máis antiga de Europa, desde o ano 1926.

Foi cantada por primeira vez en público o 10 de maio de 1972 na cidade de Santiago de Compostela.

Contaremos alí con marcapáxinas coa letra de Grândola para todas aquelas persoas que queiran cantala. Podes descargala aquí

Como animador do acto, teremos a Xurxo Souto.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies