07

Nov

Exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos

19.30 h

Granxa Agrícola MonelosO martes 7 de novembro, ás 19.30 h, inauguramos no Fórum Metropolitano unha exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos. Esta exposición está organizada en colaboración coa AV de Oza Gaiteira Os Castros.

Entre 1888 e 1964 funcionou na Coruña a Granxa Agrícola Experimental, o primeiro centro dedicado á mellora das técnicas e produtos agrarios e gandeiros  e durante décadas impulsou a modernización do campo galego e a formación dos labregos e labregas. Actuou como un foco de ciencia básica e aplicada, un centro de dinamización social e sensibilización ambiental e un foco de divulgación científica.

Entre os seus logros o máis importante é o de ter fixado a raza rubia galega, ou a introdución do cultivo do lúpulo no noso país, dando lugar á primeira cervexa galega, ademais de realizar un importante labor na loita contra pragas e na construción dun coñecemento experto que axudou á modernización do campo. Nos anos sesenta foi derrubada o que obrigou ao seu traslado a Guísamo e despois a Mabegondo, onde o Centro de Investigacións Agrarias continuou o seu labor.

Os textos e selección de fotografías son de Xosé A. Fraga Vázquez, en base á exposición A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964), 2011, de Lourenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez.

A exposición consta de 7 paneis moi fáciles de mover para permitir que poida ser levada a institutos e centros de ensino que o soliciten.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies