19

Mar

Inauguración de “Do gris ao violeta”

20.00 h

Do gris ao violetaInauguración da exposición Do gris ao violeta e palestra de María Xesús López Escudeiro: Pioneiras, heterodoxas e rebeldes.

“Pioneiras, heterodoxas e rebeldes” é un percorrido pola historia das mulleres desde as sandadoras medievais que sufriron a Inquisición ata as grandes pedagogas do pasado século, pasando polas masonas, navegantes ou impresoras. Unha lembranza das mulleres represariadas e resistentes, das heterodoxas e rebeldes, das que non se pregaron diante da sociedade que as marxinaba, desprezaba e mesmo as maltrataba.

A exposición Do gris ao violeta foi elaborada polo Concello de Pontevedra para ser ferramenta contra a inxusta invisibilidade e ausencia das mulleres no discurso histórico. Está pensada non tanto para facer unha homenaxe, senón por necesidade de coñecemento de saber do noso pasado e de gabarnos del.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies