19

Abr

El último guarda de la mina de Valborraz

19.30 h

el último guarda de la mina de valborrazO mércores 19 de abril, ás 19.30 h presentaremos no noso local o libro El último guarda de la mina de Valborraz, de Christian Barrio.

O acto comezará coa proxección do documental Lobos Sucios, de Felipe R. Lameiro. Despois Christian Barrio falaranos do traballo nas minas de Volframio de Valborraz-Ourense, e remataremos cun coloquio sobre esta temática.

Christian Barrio falará a partires da experiencia do seu avó, o último garda das minas, sobre as condicións do traballo e as vivencias dos traballadores na mina de volframio de Valborraz (Ourense), así como a relación do traballo na mina nunha contorna como os Montes de Casaio , un territorio basicamente agrícola e gandeiro de subsistencia.

Christian Barrio (Barco de Valdeorras, Ourense, 1997) é periodista e escritor. Fixo estudos de periodismo en Madrid, e posteriormente unha mestría en periodismo internacional por la URJC  e de historia contemporánea na Universidade de Cantabria.

Esta actividade é organizada en colaboración co colectivo Valdeorras Infinda.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies