11

Mai

Presentación de “A guerra a Leste. 8 meses no Donbass”

12.00 h

A Guerra a Leste - 8 Meses no DombassO sábado 11 de maio, ás 12 h, en colaboración coa Fundación Galiza Sempre e Mar de Lumes, presentaremos no noso local o libro A Guerra a Leste. 8 meses no Donbass, o primeiro libro do xornalista Bruno Amaral de Carvalho, editado pola editorial Caminho

Bruno relata no libro as súas experiencias como xornalista de guerra no Donbass, onde, durante oito meses acompañou o conflito ucraíno. Nese tempo tivo ocasión de seguir os acontecementos máis importantes, en particular, o da batalla de Mariupol. Visitou prisións, acompañou os referendos e estivo na central nuclear de Enerdogar.

Nesta obra cóntanos o que viviu e sentiu nun dos lados da guerra, que os medios de comunicación occidentais pouco seguen ou prefiren non ver. Foi, en varios momentos, o único xornalista traballando para os órganos da comunicación social occidental nos territorios controlados polas forzas rusas. Recolle os dilemas humanos, os sufrimentos da poboación civil, o que é correr riscos permanentes ou a ameaza de minas e bombas, cóntanos en definitiva o que é vivir no limbo sendo correspondente de guerra.

O autor do libro traballou para medios como a CNN Portugal, Contacto (Luxemburgo), EiTB e Gara (Euskal Herria), Nós Diario (Galiza) ou a Voz do Operário (Portugal). Viviu en Venezuela en 2008, país ao cal regresou 5 veces e onde foi testemuña da efervescencia social e das tentativas de golpe de Estado, colabora con varias radios comunitarias. Coñece en profundidade a realidade política do soberanismo vasco, galego e catalán. En 2017 pasou un mes entre a guerrilla das FARC, nas montañas de Colombia. Ao seguinte ano visitou por vez primeira o Donbass en plena guerra civil, e voltaría en 2022, sendo en moitas ocasións o único xornalista occidental en cubrir o conflito do outro lado.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies