29

Set

Presentación de “Sobrevivir a la derrota. Historia del sindicalismo en España (1975-2004)”

19.30 h

Sobrevivir a la derrotaO xoves 29 de setembro, ás 19.30 h, en colaboración  coa Cátedra de Memoria Histórica da UDC presentamos Sobrevivir a la derrota. Historia del sindicalismo en España (1975-2004), o primeiro libro que aborda a historia do movemento obreiro no Estado español desde a Transición até comezos do século XXI, con especial atención non só a CCOO e UGT senón tamén ao sindicalismo nacionalista galego e vasco.

Gonzalo Wilhelmi é doutor en historia e membro da Fundación Salvador Seguí. Os seus últimos libros publicados son Romper el consenso. La izquierda radical en la transición española, Tomar y hacer en vez de pedir y esperar. Autonomía y movimientos sociales (Madrid, 1985-2011) (coordinado junto a Francisco Salamanca) e El movimiento libertario en la transición (Madrid, 1975-1982).

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é director da Cátedra de memoria Histórica da Universidade da Coruña, da que é docente. Doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, director de Murguía, Revista Galega de Historia. Autor de diversos libros, como Nacionalismo galego aquén e alén mar (Laiovento, 2015) ou Álvaro de las Casas. Documentos e epistolario (Galaxia, 2003).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies