10

Mai

Historia do asociacionismo galego no exterior

19.30 h

Asociacionismo galego no exteriorO venres 10 de maio, ás 19.30 h, Jorge Castro falaranos da historia do asociacionismo galego no exterior.

Unha das características máis rechamantes da emigración galega foi a súa capacidade para crear grandes centros asociativos que cumprirán diversas funcións na atención ao colectivo emigrante. Nesta palestra coñeceremos algúns destes grandes centros: o centro galego da Habana, o de Bos Aires ou o de Montevideo, sen esquecer o especial caso de “Hijas de Galicia” en Cuba. Pero tamén coñeceremos o importante labor desenvolto polas sociedades de instrución, que xogaron un importante papel non só nos países destino da emigración senón tamén na Galiza territorial. Máis de 200 escolas creadas pola emigración ao longo de toda a nosa xeografía dan testemuño deste labor. Escolas que destacaron polos seus métodos pedagóxicos avanzados mais tamén pola polémica suscitada polos seus obxectivos, centrados maiormente na formación de emigrantes máis que de cidadáns. 

Os centros galegos foron ademais os artífices de moitas iniciativas culturais: xornais, grupos de teatro, corais, emisións radiofónicas… E foron escenario de acalorados debates durante os anos da guerra civil e nos primeiros anos do franquismo. 

De todo isto e moito máis falaranos Jorge Castro Ruso, quen desde 1990 ata 2007 estivo vinculado ao mundo do asociacionismo galego en países como Uruguai, Brasil, Venezuela, Alemaña, Suíza e, moi especialmente, Arxentina e Cuba. Durante diferentes etapas traballou na Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, o que lle deu a oportunidade de viaxar e coñecer os centros e o traballo da colectividade nestes países.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies