O xoves 6 de outubro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos de Hollywood❤️URSS.
A principios dos anos 40, no contexto da Segunda Guerra Mundial, a industria de Hollywood produciu varios filmes que daban unha imaxe positiva da Unión Soviética, país aliado no combate contra o fascismo. Nesta sesión repasaremos algúns deses títulos, ás veces realizados por directores destacados e con grandes estrelas no elenco, que hoxe contemplamos como unha fascinante rareza.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se queres asistir, envía este formulario cos teus datos: