26

Ago

Homenaxe aos irmáns “da Lexía”

Irmáns de la lejíaO domingo 26 de agosto celebrarase en Guitiriz a partir das 11.00 h o homenaxe aos irmáns “da Lexía” e 0 primeiro trofeo BEBEL (Organizado polos Riazor Blues, Irmandade Manuel María e Asociación Xermolos).

O memorial comezará ás 11.00 h cun partido alevín e xuvenil no Campo Suso Cruz de Guitiriz, entre os equipos de Guitiriz e A Coruña. De seguido, ás 12.00 h, xogarase o “I Trofeo Bebel” entre os equipos Guitiriz e Riazor Blues.

Xa logo, no monumento ós Irmáns da Lexía e ao pé da fosa común en Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz, terá lugar o acto memorial e ofrenda floral aos Irmáns da Lexía e demais vítimas. Intervirán: Selva García, filla de Pepín da Lexía, un dos Irmáns da Lexía, e Alfonso Blanco, da organización.

A continuación, xantar de irmandade.

Ás 17.00 h rematarase coas actuacións dos grupos Bloquinho de Xermolos, de Guitiriz, e Nuada, de Teixeiro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies