19

Xan

A iconografía musical na Galiza medieval

19.30 h

Xermán AriasO mércores día 19 de xaneiro, ás 19.30 h, Xermán Arias falaranos dos instrumentos de corda friccionada.

Xermán Arias naceu na aldea de Barbadelo, na comarca de Sarria. Comezou a súa formación no obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Lugo en 1986, baixo a dirección dos prestixiosos artesáns Xesús e Luciano Pérez. Contra o ano 1994 fundou o seu primero obradoiro e finalizou os seus estudos na Deputación de Lugo. Nesa época viaxou á Franza para ampliar coñecementos, país en que traballou co luthier Christian Rault. Na actualidade rexenta o obradoiro Arxemil Lutheria, na vila de Sarria, desde onde fabrica e restaura para todo o mundo instrumentos de corda friccionada medievais e clásicos tales como o rabel, o violino, a viola, a viola de gamba ou a zanfona.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies