O venres, 30 de xullo, ás 19.30 h, presentaremos Identidade. A liberdade do non-común, editado por Galaxia.
Trátase dunha obra de teatro escrita por Nee Barros, unhe autore novu pero con grande capacidade para transmitir as inquedanzas e percepcións das opresións ligadas ó xénero que cada vez son máis visibles para un sector crecente na sociedade que ten escasa representación, o que lle dificulta atoparse e descubrirse. Máis tamén vai dirixido para toda persoa que queira entender e intentar dar un trato xusto e respectuoso as persoas trans. Neste escrito, mediante a figura do protagonista e as persoas do seu entorno, espella as vivencias que supón sair da norma dun binarismo que leva a rexir a sociedade demasiado tempo e que dificulta o simple feito de ser unhe mesme.