31

Out

Proxección de “A Illa de Chelo”

19.00 h

A Illa de CheloO luns 31 de outubro ás 19 h, o colectivo Valdeorras Infinda, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a AC Alexandre Bóveda presentan nas salas de cinema do Fórum Metropolitano o documental A Illa de Chelo.

A Illa de Chelo é un documental de Odette Martínez sobre a guerrilla antifranquista e a violenta represión militar na comarca ourensá de Valdeorras.

Partindo do asasinato de seus pais e das súas vivencias de guerrilleira, Consuelo Rodríguez, Chelo, narra os crimes cometidos pola Lexión ao mando de Sergio Peñamaría de Llano, así como a loita heroica das guerrilleiras e guerrilleiras contra o franquismo e pola democracia.

A entrada é de balde ata completar capacidade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies