29

Dec

Exposición “Imaxinando Cantares Gallegos”

Ilustrando Cantares GallegosNeste mes de decembro, para festexar os 150 anos de Rosalía na Coruña, imos ter no noso espazo expositivo unha escolma da exposición Imaxinando Cantares Gallegos.

Trátase dunha exposición, da Área de Cultura da Deputación de Lugo, realizada co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, na que se realiza unha homenaxe á literatura galega. Trinta e dúas artistas galegas coas máis diversas técnicas (acuarelas, lapis, tintas, acrílicos, gravados, etcétera) recrean algún poema de Cantares. O proxecto foi unha iniciativa do Centrad (Centro de Artesanía e Deseño), da Deputación de Lugo.

Por mor das reducidas medidas da nosa sala de exposicións só nos é posible unha pequena mostra: once ilustracións de oito artistas: Noemí López Vázquez, Xosé Cobas, Luz Darriba, Xabier de Sousa, Laura Ferreiro Adrio, Carmen González Pintos (Car), Eduardo Baamonde e Almudena Aparicio Andión.

Esta exposición permanecerá aberta até o 29 de decembro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies