12

Feb

Importancia e actualidade do grupo “Nós” na cultura galega: Otero Pedrayo, Risco e Castelao

20.00 h

O mércores do 12 de febreiro, ás 20 h, coa Federación de Asociacións culturais Galiza Cultura, organizamos unha palestra a cargo de Victorino Pérez Prieto: Importancia e actualidade do grupo “Nós” na cultura galega: Otero Pedrayo, Risco e Castelao. Falaranos de:

1. A xeración “Nós” é a máis senlleira das xeracións galegas.

“Por eles tamén nós somos nós”.

As Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e a revista Nós.

2. Os grandes persoeiros da xeración “Nós”:

Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Antón Vilar Ponte,

Cuevillas, Risco, Otero Pedrayo e Castelao.

Actualidade de Castelao e a xeración Nós.

Victorino Pérez PrietoVictorino Pérez Prieto é escritor, pensador e profesor. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago e Doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca.

Foi docente nas Universidades de A Coruña, de Santiago, da San Buenaventura-Bogotá e da Universidad de la Salle-Madrid.

Traballou sobre todo temas de diálogo intercultural e interreligioso, ecoteología e

Liberación. É especialista en Raimon Panikkar, na Xeración “Nós” e en Prisciliano.

Publicou máis de vinte libros. En galego salientan A xeración “Nós”. Galeguismo e relixión (1988) e Prisciliano na cultura galega (2010).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies