13

Xan

Inauguración da exposición “40 anos do Carrabouxo”

12.00 h

40 anos de CarrabouxoO sábado, día 13 de xaneiro, ás 12 h, inauguramos a exposición 40 anos do Carrabouxo.

Para abrir a mostra contaremos co autor, Xosé Lois González Vázquez, máis coñecido como O Carrabouxo, que realizará unha pequena visita guiada á exposición, respostará ás preguntas dos asistentes e asinará publicacións da súa obra.

A mostra, que estará aberta até o 16 de febreiro, percorre catro décadas a través dunha viñeta seleccionada polo autor por cada un dos anos publicados, desde 1982 até este 2022.

Xosé Lois pasou a súa infancia en Osmo (Cenlle), ata que aos dez anos muda para Chantada. Estudou na universidade laboral de Zamora e fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense até a súa xubilación en 2009, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe co que comparte o pseudónimo.

Publicou numerosos libros, entre eles: 20 anos de Carrabouxo, 400 Carrabouxos máis, ou Carrabouxos 90. Participou tamén en numerosas publicación colectivas. Recibiu a Medalla Castelao en 2008 e no 2013 o premio Bo e Xeneroso da AELG.

Este acto está organizado por Galiza Cultura.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies