13

Mar

Inauguración da exposición “Perfecto Estévez”

20.30 h

Perfecto EstévezO mércores 13, ás 20.30 h, inauguramos a exposición PERFECTO ESTÉVEZ (Ourense, 1955 – A Coruña, 2010),  realizada en colaboración coa AELG.

Perfecto Antonio Estévez García, nado en Ourense o 27 de xullo de 1955 e falecido o 5 de maio do 2010 na Coruña, foi un pintor, cartelista e escenógrafo galego.

Deseñador da editorial Espiral Maior, de A Nosa Terra. Colaborou con traballos gráficos co Concello da Coruña e coa Universidade, numerosos concellos galegos e tamén con distintas editoriais como Baía Edicións, ou Edicións Xerais de Galicia.

Foi tamén xeneroso colaborador realizando cartelería para un gran número de asociacións culturais.

A exposición é de pintura, da súa serie Mulleres. Ese mesmo día agasallaremos tamén cunha publicación realizada para a ocasión con textos dos seus amigos: Ignacio Basallo, Margarita Ledo, Manuel Lourenzo, Francisco Rodríguez, Felipe Senén e Henrique Tello.

Perfecto Estévez, o afiador de estrelas, por Felipe Senén.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies