27

Xan

Inauguración do novo local de ACAB

19.30 h

Convite inauguración do localINAUGURAMOS LOCAL. Vide acompañarnos!

Temos novo espazo, no corazón da cidade, na Pescaría, na rúa Santo André nº 36, dentro do Circo de Artesáns, unha institución emblemática da cidade con máis de 175 anos de historia.

Inauguramos o espazo, no 1º andar do Circo, e queremos festexalo con vós. Convidámosvos o venres 27 de xaneiro ás 19,30h.

Inauguraremos unha exposición fotográfica de M. d´Outeiro titulada “con Luísa Villalta”.  Grazas a AC AÏs teremos tamén música co percusionista Noé Rodrigo Gisbert.

Teremos tamén ocasión de degustar un viño en compañía.

Non faltades.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies