24

Abr

Presentación de “Inscricións” de Carlos Callón

20.00 h

Inscricións - Carlos Callón

A morte. A vida. O que as une.

 

Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistran. A morte. A vida. Todo.

O mércores 24 de abril, ás 20 horas, Carlos Callón presenta o seu libro “Inscricións”, acompañado por María Xosé Bravo, presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, María Vilariño, profesora, e Belén Maside, enfermeira do CHUAC.

Carlos Callón é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa. Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varios ensaios e o poemario Atravesar o fantasma (2014), seleccionado entre os mellores libros de poesía do decenio 2007-2016 no Premio Mondoñedo.

A presentación será na Libraría Suévia, na rúa Vila de Negreira, 32 da Coruña, xa que o noso local está pechado durante estes días por obras de mellora e mantemento.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies